Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Publicación Murguía

RSS de Publicación Murguía
INVESTIGACIÓN

Galeuzka. Euzkadi, Catalunya e o nacionalismo galego na II República

A tesitura letárxica na que se achaban ancorados os Estatutos de Autonomía do País Vasco e Galiza e o miserento proceso de transferencias a Cataluña, tras a aprobación do seu en setembro de 1932, fornecía unha conxuntura favorábel para un afondamento nos vencellos trilaterais.

- 13:16 03/03/2006
Tags:

ANV había fincar o arado no rego deste aboado terreo ao organizar un mitin o 2 de abril de 1933 no Frontón Euskalduna de Bilbao, coa intervención dos seus dirixentes Arrien, Basterra, Urrengoechea, o galeguista Castelao e o esquerrista catalán Rise i Puntí. Precisamente Julián Arrien, á altura de CNV, e Josep Rise, xa participaran nos actos da Tripla Alianza en 1923 e ha volver ser o catalanista quen, no seu discurso, propoña a idea dunha revitalización do triplo acordo, loxicamente ben acollida polos presentes. Esa mesma tarde ratificaron a proposta, cun asinado simbólico no Album da Casa de Xuntas de Gernika, do denominado PACTO DE GERNIKA, que foi considerado como o auténtico precedente do Galeuzca.

Pero os prohomes do aneuvismo decatábanse de que un posíbel acordo deste tipo nacía feble e enfermizo sen o apoio da forza nacionalista maioritaria, o PNV, e a adhesión, en caso necesario, do sindicato Euzko Langile Alkartasuna-Solidariedade de Traballadores Vascos (ELA-STV), e por isto, convidan aos jelkides a sumarse activamente ao convenio...

» máis en Murguía. Revista Galega de Historia


0/5 (0 votos)