O Grupo municipal do BNG denunciou publicamente ó grupo de goberno do Concello de manter prácticas antidemocráticas e oscurantistas. O BNG acusa ó PP de marxinar ó resto das forzas políticas. Segundo denuncian os socialistas, Hai meses que non se convoca a Xunta de voceiros do concello de Ferrol.
O Grupo Municipal do BNG plantexará o resto dos grupos municipais a posibilidade de presentar unha iniciativa para que o grupo do PP, respete á oposición. O voceiro do BNG, Xaime Bello acusou ó alcalde e ó resto de concelleiros do PP de manter hábitos e prácticas antidemocráticas e oscurantistas. Segundo o alcaldable do BNG, o alcalde actúa usando "a política de feitos consumados", sen contar para nada cos grupos da oposición. Segundo os nacionalistas, o Partido Popular debería consensuar as decisións cos outros grupos municipais, habída conta da situación minoritaria na que se atopa o grupo de goberno municipal.