Desde a propia Autoridade Portuaria da Coruña recoñecían este mércores que a volta ao traballo nas obras de construcción dos novos peiraos coruñeses non poderá realizarse antes dun mínimo de tres semanas. Ese sería o tempo que o grupo de empresas adxudicatarias do proxecto tardarían en adaptarse ás normas de seguridade esixidas pola inspección de traballo despois da morte de tres traballadores. Na mesa de seguemento que integra a empresas e sindicatos púxose de manifesto o malestar polo presunto ocultamento de datos sobre os accidentes que poderían aclarar a responsabilidade no acontecido.