Vieiros

Vieiros de meu Perfil


RSS de
I+D+i 2006-2010

Un cento de investigadores incorporarase cada ano aos centros tecnolóxicos

Os investigadores e investigadoras galegas accederán ao mercado laboral incorporándose ao cadro de persoal dos centros tecnolóxicos galegos xa que así o determina o Programa de Recursos Humanos do Plan Galego de I+D+i 2006-2010, pendente de aprobarse en marzo. Así o comunicou en comisión parlamentaria o director xeral de Investigación da Consellaría de Innovación e Industria, Salustiano Mato.

- 13:06 17/02/2006
Tags:

Un obxectivo que agardan conseguir reforzando os vínculos e o intercambio de experiencias entre as universidades e as empresas e que responde á carencia de persoal investigador no ámbito privado. Segundo Mato a primeira convocatoria pública de contratos de incorporación ao tecido empresarial galego e aos centros tecnolóxicos e de investigación privados lanzarase antes do verán, cando o Plan de I+D+i estea vixente. O número de contratos subvencionados será cada ano dun cento, aproximadamente, entre doutores, tecnólogos e persoal de apoio á investigación.

Así, o Plan Galego de I+D+i define a carreira investigador do científicos e científicas galegas en todas as fases, dende o posgrao ata a incorporación a centros de destino, no sector público e no privado. Salustiano Mato explicoul que este plan é "o máis ambicioso do Estado, dado que non existe ningunha comunidade autónoma nin goberno central que dispoña tantas medidas encamiñadas á desprecarización dos investigadores e á incorporación de investigadores ao tecido público e privado de investigación".

O orzamento que se vai a destinar a esta iniciativa durante 2006 é de 6 millóns de euros, unha cantidade coa que se poden pasar dos 70 aos 200 contratos. Así preténdese superar a carencia de persoal investigador nas empresas galegas e evitar a desproporción actual que hai entre as contratacións no eido público (78,9%) e no privado (21,1%).


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: