Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Tempos Novos

Xestionado por Tempos Novos
RSS de Tempos Novos
FRONTE AO "GRANDE IRMÁN"

Da era da información á era do control

Un novo mundo bautizado por Castells como A Era da información está nacendo diante nosa. Un mundo de avances tecnolóxicos que está a ser aproveitado para o control da cidadanía. Un artigo de Alfonso Sola.

- 12:32 02/02/2006
Tags:

O correo electrónico, o móbil, a televisión dixital, a world wide web ou as transaccións de capital a un clic de rato son só algunhas das manifestacións máis familiares da novo orde tecnolóxica. Nos cimentos da chamada Revolución Tecnolóxica atópanse a microelectrónica e a teoría da computación que alcanzaron o seu estado de madurez nas últimas décadas do século vinte e permitiron o desenvolvemento das tecnoloxías da información e da comunicación. As sociedades dos países industrializados e en vías de desenvolvemento vense conmocionadas pola aplicación destas novas tecnoloxías que están afectando, no que xa se adiviña como unha mutación cultural, a vida das persoas en todo o mundo. A educación, o traballo, as relacións humanas, a sanidade ou a agricultura reciben o impacto das novas tecnoloxías e cambian as súas configuracións clásicas a velocidade de vertixe. Un mundo está nacendo e demándanos resposta á pregunta inevitable: ¿que novo mundo nos agarda?

Unha constante parece acompañar a nova orde que nace: o control das nosas vidas é cada vez máis exhaustivo e intenso. A Era da información é sobre todo a Era do control.

O control da identidade

Un millón de cámaras de vídeo escrutan día e noite a cidade de Londres. O sistema de vídeo vixilancia, que vai camiño de converterse no modelo a aplicar en todas as grandes urbes do planeta, pode seguir a un cidadán anónimo de rúa en rúa dende que entra no centro urbano hasta que sae del. Os escáneres dos servizos de intelixencia varren o espazo radioeléctrico mundial e gravan conversacións telefónicas de forma indiscriminada; os novos pasaportes e DNI incorporan datos biométricos.

Baixo a cobertura ideolóxica proporcionada pola loita antiterrorista contrólanse os accesos a Internet, mantéñense abertos os rexistros de correo electrónico e de telefonía móbil e vulnérase o principio da inviolabilidade das comunicacións.

En Estados Unidos algúns colexios teñen implantado un sistema de control por radio frecuencias (RFID) que permite localizar os seus alumnos no recinto do centro e realizar un seguimento no traxecto que os leva das súas casas á escola.

O artigo completo, na edición impresa de TEMPOS Novos (xaneiro 2006, nº 104)


0/5 (0 votos)