Practicamente escrutada a totalidade de mesas electorais –so quedan por escrutar as freguesias de Passos e Pinhão, ambas as dúas nas que houbo incidentes–, o candidato conservador, o ex-primeiro ministro Aníbal Cavaco e Silva, é o vencedor das eleccións presidenciais portuguesas, e que polo tanto sentará no Pazo de Belém sen que sexa necesaria unha segunda volta. Cavaco obten un 50,6% dos votos, menos do que lle daban as sondaxes. Por tras del queda o socialista independente Manuel Alegre (20,7%) e logo o candidato oficial do Partido Socialista, Mário Soares (14,3%). O comunista Jerónimo Sousa acada un 8,6%, e o esquerdista Francisco Louçã o 5,3%. O candidato maoísta António Garcia Pereira atinxe 0,4%. A participación situouse no 64%.