"Fronte aos desacougos do presente e as incertezas do futuro, a disuasión nuclear segue sendo garantía fundamental da nosa seguridade". Así se pronunciou este xoves o presidente de Francia. En visita a unha base de submarinos, Jacques Chirac anunciaba a viraxe da política militar francesa, subliñando a advertencia de que "os dirixentes de estados que boten man de medios terroristas contra nós, todos aqueles que pensen en usar armas de destrución masiva teñen que comprender que se expoñen a unha resposta firme e adaptada pola nosa parte". As súas palabras enténdense ademais coma aviso cara ao goberno iraní que teima estes días en reiniciar o seu programa para o uso civil da enerxía nuclear.