Unha vez que estean en funcionamento, os novos peiraos coruñeses crearán 75 empregos directos e uns 25 indirectos, un cento de traballos que está lonxe, dos dous milleiros de postos que prognosticara o estudo asinado polo ex presidente da Autoridade Portuaria, Guillermo Grandío. Así o recolle a resolución da Comisión Europea que autoriza a subvención de 257 millóns de euros para o porto exterior. Esta análise subliña que o maior impacto económico vaise producir durante os seis anos da súa construción, período no que se lle dará traballo a un milleiro de persoas. Recomendámoslles a información que publica este luns
La Opinión.
Anteriores: