Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
XUNTANZA DO PROGRAMA PARA O CONTROL DO TRÁFICO DE ARMAMENTO

A ONU denuncia que as armas seguen "causando pobreza, desestabilizando estados e freando o desenvolvemento"

O próximo mes de xuño a ONU organiza unha conferencia internacional sobre o control de armas cualificada de "histórica" e "clave" desde diversos colectivos. Estes días a institución acolle unha xuntanza preparatoria onde xa se gabou a entrada deste problema nas axendas políticas malia reprocharse os pequenos avances amosados deica o momento.

- 08:58 10/01/2006
Tags:

"En 2006 o mundo ten que escoller: ou segue sen facerlle caso ao custo masivo da proliferación de armas ou actúa para controlar o comercio de armas", denunciou esta semana Babara Stocking, directora de Oxfam, "só un criminal lle vendería premeditadamente unha pistola a un asasino, porén os gobernos poden venderlle armas a rexímenes que teñen un historial de violacións e dereitos humanos ou a países onde as armas van parar a criminais de guerra".

Desde Amnistía Internacional insisten que este ano será clave e que os gobernos "deben darlle o impulso inicial ás negociacións arredor dun Tratado sober o Comercio de Armas de carácter internacinoal". A ONU fai estes días e coma paso previo para a conferencia do próximo mes de xuño, o primeiro balanzo da iniciativa para o control de armas impulsada hai cinco anos. Na apertura dos debates, o secretario xeral para Asuntos de Desarme, explicou que a institución traballa coa convicción de que se trata dun problema "a resolver nun longo prazo".


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: