Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Madrid ten claro o mellor para Teis.

O Goberno Central fará o que lle conveña e xa ten decidido que nin as propostas dos socialistas presentadas onte no Senado por Carlos Príncipe, nin os viciños, nin os ecoloxistas, teñen razón no tema do túnel da Madroa. O goberno asegura que se manterán só os 400 metros previstos e, nin un centímetro máis.

- 00:15 11/03/1999
Tags:

O ministro Arias Salgado dixo onte no decurso da súa intervención no debate con Carlos Príncipe, que o falso túnel da Madroa no tramo das obras comprehendidas entre Rande e Puxeiros, permañecerá nos pouco máis de 400 metros con que está previsto realiza-lo, en lugar dos 800 que solicita non só a oposición municipal do concello, senon moitos colectivos cidadáns encabezados pola Xunta de Montes da zona afectada. Carlos Príncipe dixo na súa intervención, que con esta obra se incumpren os próprios criterios e compromisos do goberno de Aznar, xa que o Ministerio de Medioambente elabourou un informe no que se afirma que o falso túnel debería ter unha lonxitude dobre da que na actualidade está previsto realizar. Todo elo, debido a que a trincheira máxima prevista en orixe que é de 20 a 30 metros, pasou a ter coas obras 50 metros de lonxitude. O senador socialista que defendía unha iniciativa para variar a lonxitude do túnel, acusou na súa intervención ó Ministerio de Fomento de marxinar a Vigo facendo que no caso da Madroa, primen os criterios económicos sobre os do medioambente.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: