A banda galega Loretta Martin, de blues, rock, funk e jazz, entre outros sons, actúa a noite do martes, a partir das 22:30 horas, na Casa das Crechas de Santiago.
Unha banda que ten xa tres anos de vida e que se botou en máis de trinta ocasións ás estradas galegas para ofrecer esa cantidade de concertos. O 2005 trouxo, para Loretta Martin, a gravación do seu primeiro CD, un traballo que se pode descubrir neste concerto en Compostela.
Loretta Martin é a banda que acadou as semifinais no certame Novos Talentos de Arousa e un segundo posto no concurso Campus Sons; ademais de gravar un maqueta e incluír dous temas nun disco recompilatorio da discográfica Sons Galiza. Unha banda actualmente formada por Brais Morán (voz e guitarra), Fran Sanz (baixo), Ion Rivero (guitarra) e Iago Otero (batería).