A Confederación de Empresarios de Pontevedra manifestou o seu apoio matizado, a revisión do Pxou levada a cabo pola equipa de goberno do concello, xusto antes da reunión de seguemento deste plano prevista para o venres.
A confederación pensa que o plano debe ser consensuado pero que se debe avanzar neste proceso e, non te-lo paralisado ata as próximas eleccións municipais do mes de xuño. Este organismo, presidido por Guillermo Alonso Jaudenes, cre que no se debe paralisar o Pxou. Esta declaración, ten nestes intres, especial relevancia xa que os cidadáns cren que caseque todas as institucións de certa importancia, están contrao proxecto elabourado pola equipa de Manuel Pérez. Os empresarios, que xa en 1.997 tiñan manifestado o seu desexo de que o plano estivera rematado a finais do ano 98, din agora, que o trámite de modificación é urxente e piden que exista un consenso de todas las forzas implicadas no tema para rematar canto antes con este espiñoso asunto. O comunicado dí, que a confederación preferiría que na elabouración da revisión do Pxou se recolleran os plantexamentos efectuados por eles. Entre estes plantexamentos atopanse os referentes ó futuro de Vigo e a suficiente dotación de solo industrial, residencial e tamén o plantexamento xeral de todo o territorio a medio e longo prazo. Subliñaron tamén, a falta de garantías, seguridade e estabilidade do plano urbanístico de 1.993 que aprobou o goberno tripartito. Eloxiaron, partindo dos plantexamentos técnicos, o documento base do Pxou cualificandoo de inmexorable e tamén advirten que as democracias consolidadas nas contendas electorais non poden nin deben anular o normal desenvolvemento da vida administrativa nos procedementos que xa están en marcha.