Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
"DEBEN ESTAR Á ALTURA DAS CIRCUNSTANCIAS", DI QUINTANA

Quintana lémbralle ao goberno español que debe investir no interior de Galiza o que aforra no porto exterior da Coruña

Anxo Quintana esixiralle ao goberno español que invista no sur e no interior de Galiza o que aforra no porto exterior da Coruña, financiado ao 60% -257,5 millóns- con fondos de cohesión. Ante a "audacia" amosada por Galiza, en palabras do vicepresidente, á hora de concentrar nunha soa obra a práctica totalidade dos fondos de cohesión do período 2000-2006, Quintana lembra que agora o Estado debe estar "á altura das circunstancias".

- 13:37 01/12/2005
Tags:

Segundo adiantou Quintana, a Secretaría Xeral de Relacións Institucionais pediralle ao goberno español que libere as partidas que debería ter destinado ao porto exterior coruñés. Os obxectivos: a conexión coa Meseta, o apontoamento da Eurorrexión Galiza-Norte de Portugal e o interior.

O vicepresidente subliñou que a execución do porto coruñés é unha realidade "polo esforzo de Galiza, que concentrou aí todos os fondos de cohesión, e polo esforzo dos coruñeses e a Autoridade Portuaria da Coruña".

Quintana desbotou posibles fendas no bipartito a propósito desta cuestión. "Os asuntos do vestiario deben ficar nel", dixo, "a cidadanía reclama que se aproveiten as oportunidades". Tamén remarcou que os socios de goberno están dacordo no principal: que Madrid invista en Galiza os cartos que aforrou no porto exterior coruñés.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: