Membros da Garda Civil prenderon este serán en Ourense a moza María Bagaría, como continuación da Operación Castiñeira. Bagaría permanece no cuartle de Ourense e mañá pasará ao dispor do xuíz de Celanova, acusada de guindar cócteles molotov contra unha minicentral na Merca. Esta rapaza xa fora detida hai unha semana, canda outras nove, e fora posta en liberdade sen cargos logo de permanecer detida en Madrid durante dous días. Fontes da organización antirrepresiva Ceivar, indicaron que "non se descartan novas detencións". A Operación Castiñeira levou a detención de dez persoas, relacionadas co independentismo, e acusadas de "atentados contra a orde pública, danos materiais e inxurias".
• Anteriores: A operación Castiñeira continúa aberta