Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A SEGURIDADE MARÍTIMA AÍNDA EN CUESTIÓN

Dez mil persoas maniféstanse en Santiago no "Día da Dignidade" tres anos despois do afundimento do Prestige

"Os medios cos que contamos logo de case un milleiro de días dificilmente serían eficaces para paliar unha marea negra". Así o advertía o poeta Rafa Villar, voceiro este domingo da Plataforma Nunca Máis. Á súa beira, a marisqueira Carme Fontoira afirmaba que "seguimos coma estabamos e preténdese mercar as conciencias da xente do mar con apenas migallas". A reivindicación de plans de coordinación que inclúan a utilización de barreiras marítimas para o petróleo en caso de accidente, proxectos de rexeneración de praias e caladoiros... Ademais das peticións concretas, a marcha serviu tamén para homenaxear á xente do mar e aos voluntarios que se esforzaron no seu día na limpeza das toneladas de fuel que chegaron ás costas. O voceiro parlamentario do PSdeG, Ismael Rego, e o vicepresidente Anxo Quintana, foron representantes principais do bipartito nesta cita. Quintana avanzou que a Xunta vaille pedir ao goberno español o traspaso de competencias sobre seguridade marítima.

  • Imaxes inéditas do afundimento publicadas por El País
    Para lembrar:
  • A Negra Sombra do Prestige
  • Un ano de loito
  • No escáner: Estamos preparados para afrontar outro Prestige?

  • - 06:54 14/11/2005
    Tags:


    0/5 (0 votos)