"Malia teren os seus riscos pois a través delas ás veces se confunden ou se tratan de confundir a información e a opinión, creo que poden erixirse nunha canle de promoción da democracia pois é o que alentan na súa propia xénese". Así opina sobre as bitácoras o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, na entrevista que publica esta semana o blogueiro Enrique Castro do seu espazo web.