Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
"TERRA GALEGA" PRESÉNTASE ESTE VENRES EN SANTIAGO

Medio cento de concelleiros de grupos independentes crean un novo partido de "centro galeguista"

"En xuntanzas con empresarios, emprendedores e outros sectores sociais demandáronnos máis dunha vez este paso", relatoulle á Radio Galega o alcalde de Narón, Xoán Gato, en referencia ao novo proxecto político no que a súa formación, Unidade por Narón, se integrará. Na súa opinión Terra Galega cubrirá "un espazo libre" no escenario político galego e pretende construír a formación "non desde arriba, senón formando a alternativa desde os concellos, creando unha base municipal ampla". A "cuarta vía" que segundo Gato "demanda a sociedade galega" para "normalizar o país politicamente" sumará "experiencia municipal e autonómica". En dous meses agardan celebrar un congreso.

- 08:14 04/11/2005
Tags:


3/5 (2 votos)