No que vai de ano, foi moi superior á rexistrada durante o mesmo período do ano 1998. Segundo o Departamento de Saúde Pública, máis de 17.500 persoas víronse afectadas polo virus no que vai de ano, seis mil máis que o ano pasado.
O rexistro de enfermidades de declaración obrigatoria acumulaba o 13 de Febreiro 17.630 casos de gripe na provincia da Coruña dende que comezou o ano. Isto significa un incremento con respecto ó mesmo período do exercicio pasado, cando nos 44 días contabilizáronse 11928 casos.
Este aumento de 5.702, indica un incremento do 48% e explica a sobresaturación que viven estes días os hospitais e centros de saúde.
Se o Servicio de Urxencias do Juan Canalejo recoñecía encontrarse con dificultades para hospitalizar a tódolos pacientes con complicacións derivadas da gripe, no Materno Infantil Teresa Herrera aseguran comezar a ve-la luz tras unha avalancha de casos.
Gerardo Rodríguez Valcárcel, xefe do Servicio de Pediatría, sinalou que o virus provocou intensas xornadas na área de Urxencias; cousa por outro lado lóxica xa que "os nenos comezan só cunha febre moi alta que fai sospeitar ós pais a existencia doutra enfermidade máis grave". Ademáis, Valcárcel advirte que "son febres que non se consiguen baixar", unha das manifestacións que caracteriza á gripe deste ano, que é "máis longa e nos nenos dura ata dúas semanas xa".
Rubén García