Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PROBLEMAS NA HISTÓRICA EMPRESA

Díaz Pardo disposto a vender a súa cota en Cerámicas do Castro pola "deslealdade" doutros socios

"O diñeiro é capaz de mercar a deus bendito", comentou Isaac Díaz Pardo para os micrófonos da Radio Galega. O artista e empresario explicou que se "fixera unha ampliación de capital para incluír a Cerámicas do Castro na Fundación, pero certos socios quedáronse coa metade". "É unha cousa de xulgado de garda que debera investigarse", denunciou, cualificando de "desleal" a actitude deses socios e criticando de xeito concreto a "un individuo que non se sabe quen tén atrás". Díaz Pardo, que defende que Sargadelos é "algo máis ca unha empresa" dixo non querer que "especuladores entren aquí" e ao respecto das súas primeiras xestións para tentar a venda da súa parte en Cerámicas do Castro comentou que varias persoas lle responderon: "isto non vale un real se vostede se vai".
Anteriores:

  • Sargadelos podería pasar a mans da Xunta
  • Díaz Pardo condenado por atentar contra o honor dun socio de Sargadelos

  • - 09:10 26/10/2005
    Tags:


    0/5 (0 votos)