Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Novos proxectos viais para A Coruña

Dúas novas promesas poder darse na cidade para o futuro: unha delas é a recuperación do apeadeiro do ferrocarril no campus de Elviña. O outro proxecto é a creación do metro lixeiro que abarcaría a zona comprendida entre o Castelo de San Antón e a Glorieta dos Surfistas.

- 12:47 11/03/1999
Tags:

A iniciativa da recuperación do apeadeiro que houbera en Elviña foi plantexada pola Compañía de Tranvías. Os alumnos das diversas facultades chegarían ó vello apeadeiro para toma-la línea interna de autobuses urbáns e acabar nos centros de Elviña e A Zapateira.

Así, os estudantes terían cuberto o traxecto abonando un único billete que comprendería a viaxe diaria en autobus.

Esta solución podería encaixar nos vindeiros plans de estudio xa que os alumnos teñen asignaturas en diferentes centros.

No que se refire á creación dun metro lixeiro que puidera recorre-la cidade aproveitando os actuais railes do tranvía temos que dicir que a partir do próximo venres, os coruñeses e os visitantes que se acheguen á estación marítima poderán coñecer, na exposición que o Concello fai sobre a cidade, a maqueta dun metro lixeiro similar á que circulará pola cidade dende mediados de Abril.

O vehículo mide uns cinco metro de longo e está construido en escala 1:1 e é dos chamados tipo "Valencia", xa que son iguais que os que circulan por esa cidade.

O que rodará polas rúas da cidade será o modelo Combino da casa Siemens, un prototipo máis evolucionado que o que paseará por Alicante.

O Combino tén o chan totalmente baixo e así permite o acceso de persoas con sillas de rodas.

O prezo de cada vehículo ronda os trescentos millóns de pesetas, aínda que depende da súa lonxitude, comprendida entre 16 e 30 metros, porque non se venden por unidades senón por tamaño.

Carlos Fernández


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: