Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

O BNG pide que se garanta o voto dos mariñeiros

Bieito Lobeira, deputado do Bloque no Parlamento Galego, solicitoulle onte ao goberno galego que garanta os dereitos dos mariñeiros para que poidan exercer o seu dereito ao voto.

- 21:49 10/03/1999
Tags:

O xove deputado nacionalista segurou que son milleiros as persoas "que desenvolven o seu traballo na pesca de altura, co que a súa participación nos diversos procesos electorais é moi escasa".

Lobeira pediulle á Xunta de Galicia que impulse políticas e modificacións legais que permitan votar a estes cidadáns "xa que en Galicia este non é un problema menor, senón que afecta a un importante número de electores de singular importancia nas cidades do litoral".

Ante esta situación Bieito Lobeira preguntoulle ao goberno se reflexionou ante esta problemática e se os mariñeiros teñen garantido o seu dereito ao voto. Ademáis pediu que se realice un un estudio para posibilitar a participación destes cidadáns a votar.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: