Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
LINGUA E MEDIOS

A Mesa reclama a creación dun Servizo de dobraxe e subtitulación

A Mesa pola Normalización Lingüística reclamoulle ao secretario xeral de Comunicación da Xunta, Fernando Salgado a creación dun servizo de dobraxe e subtitulación así coma un conxunto de medidas para a galeguización da comunicación de masas, entre as que destaca a esixencia de que a TVG emita a publicidade en galego ou que se dedique o canal de Radio Galega Música unicamente a artistas de fala galega e portuguesa.

- 17:52 29/09/2005
Tags:

A proposta da Mesa dun Servizo de dobraxe e subtitulación asumiría elaborar as lendas e dobrar para a televisión todos os filmes que se estreen nas salas comerciais, cedéndollelas gratuitamente ás distribuidoras ou ás televisións. Ademais, e como medida urxente, deberían dobrarse dez filmes comerciais que se van estrear en vindeiras datas. Os filmes, que A Mesa concreta, son 'O Código da Vinci', 'Piratas do Caribe 2: O cofre do morto', 'Ice Age 2: A fusión', 'Cars'', 'Inglorious Bastards', 'O regreso de Superman', 'Sin City 2', 'X-Men 3', 'Casino Royale', 'Misión imposíbel 3'.

Tamén inclúe outro conxunto de medidas, como a emisión monolingüe da publicidade na TVG, a promoción de solistas e grupos musicais en galego destinándolles programas televisivos específicos e toda a canle de Radio Galega Música, a posta en marcha dunha segunda cadea da TVG, a recuperación de Radio 4, aumentar as desconexións de RNE e TVE para a Galiza e en galego, a emisión en galego de 'Desde Galicia para o mundo', estabelecer un maior control da galeguización nas subvencións aos medios privados e na concesión de novas licenzas de novas emisoras de radio e televisión.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: