A Asociación Socio-Pedagóxica Galega e a CIG Ensino conmemoran o martes 27 o pasamento de Manuel María. O acto, que se celebra a partir das 19:30 no Teatro Principal, consistirá, entre outras propostas, en dous recitais de poemas de Manuel María, un deles protagonizado por alumnos de Primaria e Secundaria e outro por escritores/as, ademais da proxección dun audiovisual.
A AS-PG, a CIG-ensino, AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega) e a Mesa pola Normalización Lingüística programan unha serie de actividades para coñecer e valorar a figura e a obra literaria de Manuel María, un ano após do seu falecemento.
Serán seis meses de estreas de espectáculos musicais, teatrais, audiovisuais, exposicións e homenaxes nas diferentes cidades galegas, que logo terán unha difusión posterior por toda Galiza durante todo o ano 2006.