A ICANN aprobou esta noite o dominio .cat para a comunidade cultural e lingüística catalá. Como informa Vilaweb, o novo dominio identificará ás webs en lingua catalá ou aquelas webs noutras linguas que servan para apoiar á cultura catalá, ten o mesmo valor que calquera outro dominio de internet e poderá solicitarse desde calquera parte do mundo. As negociacións para a obtención do novo dominio leváronse adiante a través da Asociación Punt Cat, unha organización cívica fundada en 2004 e formada por 90 entidades que contou co apoio de máis de 68.000 usuarios, empresas e entidades da cultura catalá. O conselleiro do DURSI, Carles Solà, expresou nun comunicado a satifacción do goberno catalán pola aprobación do .cat. O dominio estará a disposición dos usuarios a finais deste ano.