Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CARAVANA SOLIDARIA

O Festiclown arrinca cara a Chiapas

Co lema "Mil sorrisos por Chiapas" marchan este luns cara aquelas comunidades indíxenas un grupo de artistas do FestiClown. A meta máis inmediata será axudar á creación dunha escola de pallasos na zona. Os activistas galegos sumaranse ademais ao pronunciamento público previsto para mediados de setembro coma parte dos recentes anuncios do EZLN de promover unha "alianza da esquerda a prol do avance democrático".

- 08:18 05/09/2005
Tags:

Os mozos do Festiclown continuarán nas terras de Chiapas o labor de formación en técnicas teatrais, á beira das propias actividades de animación entre os cativos da zona, pero desta volta coa vontade de "deixar semente de futuro". É nesa liña que se pretende a creación dunha escola que fomente o teatro coma "instrumento de expresión da cultura dos pobos indíxenas e a creación de obras impulsadas por promotores locais". Ademais, a medio prazo unha meta máis ambiciosa: "dar lugar algún día á que sería a primeira compañía de pallasos indíxenas".

Será a terceira ocasión na que o Festiclown cruze o Atlántico cara a Chiapas, desta volta integrada polos clowns Iván Prado, director do Festival Internacional de Clown de Galiza e da propia compañía Os Sete Magníficos Máis Un; Manuel Vicente; o malabarista David Bruzos; a zancuda Sandra Caracoles; o contacontos e mestre de cerimonias Gerardo Santjosep; o poeta e xornalista Antón Lopo e Xavier Pin, loxista da xira.


Ligazóns

0/5 (0 votos)