Vieiros

Vieiros de meu Perfil


RSS de
DE RODAXE

A gañadora de Curtocircuito 2005 roda en Santiago

Os 300.000 euros que Curtocircuito reservaba para o mellor guión dos presentados ao concurso deste ano recaeu en Te quiero mal, da catalana Mireia Giró. Dende o pasado 23 de agosto e ata o domingo, Santiago vai ser o escenario no que se desenvolva a historia de amor entre unha directora musical cega e un membro do seu coro, unha relación a través da cal se quere reflectir a perda de independencia que trae consigo moitas veces o amor.

- 08:22 26/08/2005
Tags:

Como xurdiu esta historia e a túa participación en Curtocircuito 2005?
O guión escribino hai xa un ano como un proxecto persoal. A historia que quería contar céntrase en como o amor significa, en moitos casos, perder a independencia e iso non sempre é bo. Esa foi a razón pola que utilicei, a xeito de metáfora, a unha muller cega cunha vida case perfecta e moi ben asentada que perde todo isto cando se namora. Ademais, o feito de escoller a unha persoa cega serviume para exemplificar graficamente algo que pasa moi a miúdo nas relacións e é que unha das persoas pérdese igual que unha persoa cega se perde e se desorienta se cambias os mobles de lugar, por exemplo. A participación en Curtocircuito chegou en parte grazas a un amigo ao que lle contei esta historia e quería ser o productor; primeiro animoume a escribir o guión e logo vimos a convocatoria de Curtocircuito e decidín presentar Te quiero mal.

E como se está a desenvolver a rodaxe?
Ben, o ritmo é moi acelerado porque hai moitos planos para rodar nun só día, hai moitas secuencias pero estámolo facendo no tempo programado.

Que che está a parecer a experiencia?
Nun primeiro momento máis que sorprenderme por ter gañado sobresalteime (risas), xa que non agardaba poñerme a rodar tan cedo. De feito o veredicto do xurado sobre o guión gañador coñeceuse a mediados de xullo e case no momento tiven que facer a maleta porque a pre-producción comezou á semana seguinte.

Adaptácheste con facilidade a un equipo de traballo que non coñecías ou foi difícil?
Foi fácil, todo vai moi ben. Ademais con este equipo podo centrarme na dirección mentres que noutas curtametraxes que realicei, debido á falla de medios, facía tamén tarefas non só de guión e dirección senón tamén de producción, etc. Poder delegar faiq ue todo resulte moito mellor e, sobre todo, máis profesional. E como acado de empezar nisto, practicamente, todo a experiencia vénme moi ben para coñecer de primeira man a dinámica de traballo con profesionais.

Como ves a situación dos novos creadores no audiovisual?
Creo que todo depende, en grande medida, da sorte ou das oportunidades que se che presenten. Nunha industria tan ampla coma esta as oportunidades deben ser tamén maiores pero agora mesmo esto todo moi copado. Para a xente nova son necesarias axudas e oportunidades porque se trata dun Cando decides rodar unha curta é porque o tes moi claro porque non podes levar á xente a traballar gratis para nada, así que hai que pensalo moito; pero ao tempo precisas facelo porque se queres oportunidades tes que ir adquirindo experiencias.


0/5 (0 votos)