A polvoreira levantada pola intención de promover o sufixo internáutico .xxx para os enderezos de webs de contido pornográfico, ao que se opón a administración USA, é motivo do atraso nos debates do organismo internacional que xestiona a internet. A ICANN deixa para o mes que vén a probábel aprobación do .cat para as webs catalanas. A institución consultoulle ao goberno español a autorización, á que o ministerio de Industria comprometeu o seu apoio, poñendo máis preto a consecución do nome de dominio. Lembrámoslles de paso que o bipartito galego recolle entre as súas promesas no ámbito das novas tecnoloxías o "establecemento do dominio galego de nomes en internet".