Este mesmo luns o Boletín Oficial do Estado e o Diario Oficial de Galiza publicaban os respectivos decretos de cesamento de Manuel Fraga, con agradecemento aos "servizos prestados" e o de nomeamento de Emilio Pérez Touriño coma novo presidente da Xunta de Galiza. No momento en que o socialista prometeu o seu cargo na cerimonia celebrada no Salón dos Reis do Parlamento, Fraga deixou de ser presidente en funcións asumindo oficialmente o cargo o socialista. "É a culminación dun proceso impulsado pola cidadanía", destacou Emilio Pérez Touriño logo de prometer "ser fiel ao mandato coma presidente da Xunta".