Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Lusofonía

Xestionado por Vieiros
RSS de Lusofonía
SEGUNDA VOLTA DAS PRESIDENCIAIS

O ex-golpista Nino Vieira gaña as eleccións na Guiné Bissau

O ex-xeneral, ex-golpista e ex-presidente da Guiné Bissau, João Bernardo 'Nino' Vieira venceu na segunda volta das presidenciais guineanas, cunha marxe de só 15.000 votos. O seu adversario, o primeiro ministro Malam Bacai Sanhá, que vencera na primeira volta e que estaba apoiado polo principal partido político guineense (PAIGC), amosou a súa discrepancia cos resultados e acusou a Comisión Electoral de pechar os ollos ante as ilegalidades, especialmente o uso de listas manuscritas de electores non inscritos nos cadernos. A situación no país é polo momento tensa, logo da tentativa de asalto do pazo onde se reúne a Comisión Electoral, e mesmo se especulou con adiar o anuncio dos resultados. O presidente provisional Henrique Rosa deberá sinalar agora as datas para a constitución do novo goberno democrático dun dos países máis pobres da África occidental.
• Máis información sobre os candidatos e o proceso.

- 07:56 28/07/2005
Tags:


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: