O transbordador espacial estadounidense Discovery, con sete astronautas no interior, dá a estas horas voltas ao redor da órbita terrestre, logo de que engalase dende a base de Cap Kennedy, na Florida. A misión, que ten como obxectivo levar material novo á estación espacial internacional, é a primeira tripulada por humanos des que en febreiro de 2003 se desintegrase o Columbia con sete vítimas mortais ao entrar na atmosfera terrestre. Hai dúas semanas a NASA tivo que adiar esta engalaxe por unha avaría no sensor de combustíbel. A axencia espacial estadounidense manifestou a alegría polo éxito da botadura, malia os restos que pareceron despegarse da nave durante o voo, á espera de que unha análise detallada das fotografías permita extraer conclusións sobre a integridade estrutural da nave.