Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
OUTROS DOUS ARRESTOS EN RELACIÓN COS ATAQUES

Os partidos británicos acordan novas medidas antiterroristas

"Teñen que pagar por isto, ou se non, van matar moita xente", advertía para os micrófonos da BBC un curmán do electricista brasileiro ao que a policía británica detivo e logo asasinou con oito disparos malia non ter ningunha relación coas bombas de Londres. O suceso non é escusa para que os políticos do país parezan ir consensuar novas e polémicas normas inseridas no marco dos plans antiterroristas aproveitando o estado de opinión logo dos ataques no metro da capital inglesa.

- 10:10 26/07/2005
Tags:

O permiso para que as gravacións de conversas telefónicas poidan ser usadas coma probas nos xuízos ou a extensión do período durante o que un sospeitoso pode ser retido polas autoridades aínda sen existiren cargos contra el, están na cima das propostas que previsíbelmente van acordar os partidos británicos nos próximos días. Blair tén este mesmo martes unha reunión cos tories e cos liberais-demócratas para falar do asunto. No caso das detencións sen cargos, a policía xa ten permitido na actualidade reter a calquera persoa por espazo de dúas semanas e a reforma podería estender ese período aos tres meses.

Ao tempo, partidos da ultradereita, coma a Fronte Nacional ou o Partido Nacional Británico, aproveitan a situación para lanzar mensaxes contra os extranxeiros, pide a expulsión de todo non europeo do país e usan fotografías das vítimas das bombas na súa propaganda.

Mentres, o goberno británico di estudar a indemnización á familia de Jean-Charles de Menezes, que desarmado, e presuntamente confundido cun terrorista, foi deitado no chan dun vagón do metro de Londres onde a policía lle pegou oito tiros, sete deles na cabeza, sen preguntar ou confirmar a súa identidade.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: