Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
NON SE REXISTRARON VÍTIMAS MORTAIS

Catro novas bombas volven paralizar o centro de Londres

De momento só unha persoa quedou ferida logo da explosión de tres bombas nas estacións de metro de Warren Street, Shepherds Bush e Oval e nun autobús. Os estouridos reproducen exactamente o que aconteceu hai dúas semanas, cando a raíz das explosións morreron 56 persoas e máis de 700 quedaron feridas. A potencia dos artefactos empregados hoxe era moito menor que a dos utilizados o pasado 7 de xullo. O primeiro ministro británico Tony Blair asegurou que estes últimos atentados "foron deseñados para asustar" e que "non se pode minimizar o que aconteceu".

  • Última hora: BBC e CNN

  • - 16:03 21/07/2005
    Tags:


    0/5 (0 votos)