Senén Pousa Soto, alcalde do concello que cada 20 de novembro homenaxea a Francisco Franco no día do seu pasamento, enfronteuse o vernes a unha trintena de veciños que protestaron cunha cacerolada ante a casa do concello, para reinvidicar a traída municipal de auga potable. A resposta de Pousa Soto a esta reivindicación reduciuse á ameaza, "vou reunir á miña xente, para dar leña".
Pero esa non foi a única ameaza que recibiron os veciños, senón que a ela sumouse "estamos dispostos a pelear e xa está, ou deixan de vir, ou xa está". Ademais, Senén Pousa asegurou que os manifestantes "o único que buscan é o enfrontamento, esto son unhas oficinas municipais e hai que atender o público e traballar.
A pesar de que os índices actuais de manganeso e ferro da auga da traída deses veciños son excesivamente altos, o alcalde argumenta que "é unha cuestión política do PSOE e do BNG.