A Ministra de Agricultura do governo socialista, Elena Espinosa, acompañada do Conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, José Antonio Santiso, e cargos institucionais e políticos visitaron as obras do novo regadío da Limia que se prevé entren en funcionamento o vindeiro ano.
Logo da recepción oficial no Concello de Xinzo de Limia a comitiva trasladouse ata o pobo de Trandeiras, en cuias inmediacións se construíu a primeira das dúas balsas previstas, que abastecerá de auga á unha superficie de 600 hectáreas.
A continuación, nunha carpa instalada á beira da canle da Lagoa, dirixíronse aos asistentes o Presidente da Comunidade de Regantes, José Manuel Nieto, quen reivindicou o futuro da agricultura na comarca; o Conselleiro, que aproveitou a súa intervención para dar cifras e porcentaxes de participación das administracións coa intención de deixar en evidencia ao governo central e pechou a Ministra, quen reafirmou o compromiso persoal e do governo co agro e recriminou a intencionalidade da intervención do conselleiro.
Precisamente as verbas do conselleiro provocaron momentos de certa tensión no acto ao considerar parte dos asistentes que non era "o momento nin o lugar".
A xornada rematou coa plantación dun carballo.