Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PIDEN UNHA AMPLIACIÓN DO PRAZO

Tres de cada catro inmigrantes quedaron sen regularizar en Galiza

As inspeccións de traballo intensificaranse nas prómimas semanas en Lugo e Ourense, dúas das provincias de todo o Estado onde se produciu unha taxa menor de regularización de inmigrantes. De feito, Galiza foi a segunda autonomía que menos solicitudes tramitou respecto da cifra de inmigrantes empadroados. Segundo La Opinión, o 75% dos inmigrantes que residen na comunidade quedaron fóra do proceso de regularización de traballadores estranxeiros que concluíu o sábado. Desde varias organización e colectivos de inmigrantes solicitouse unha ampliación do prazo de regularización e pedíuselle ao goberno español unha reforma en profudidade da Lei de Estranxeiría que fomente a inclusión social.

  • Anteriores: Solicitan que se amplíe o prazo para a regularización de inmigrantes
  • Máis información no Canal Solidario

  • - 09:14 10/05/2005
    Tags:


    0/5 (0 votos)