Todo é susceptible de ser analizado nun congreso, mesmo a familia. Santiago vai acoller de xoves a sábado o II Congreso Internacional da Familia que organiza, obviamente, a Consellería do mesmo nome que dirixe Manuela López Besteiro.
O II Congreso Internacional da Familia vaise celebrar esta semana en Santiago, concretamente o xoves, venres e sábado, coa presencia de numerosos especialistas. Segundo informou onte a Consellería
de Familia, organizadora do encuentro, estes expertos "tentarán dar as respostas máis axeitadas para favorecer a recuperación e adaptación do núcleo familiar á sociedade do futuro".
A evolución da sociedade de cara ao século XXI está afectando de xeito especial á familia, que, segundo Manuela López Besteiro, "é unha estruactura básica de calquera sociedade".
O foro "A familia: encrucillada de camiños" quere potenciar a importancia da familia na construcción dunha nova sociedade de acordo coas esixencias que marca a actualidade. Esta segunda edición, segundo a Consellería, vén a reforzar a labor do anterior congreso, que congregou a máis de 500 participantes, no que se analizou a problemática familiar coa fin de propoñer programas de intervención e directrices sobre a formación dos profesionais que desenvolven a súa actiavidade neste campo.