Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
CASO ULLA: OS AXENTES FORESTAIS TAMÉN DENUNCIAN AS IRREGULARIDADES DA ADMINISTRACIÓN

A desprotección do Ulla

O movemento ecoloxista ven de denunciar dende fai tempo, a situación irregular da xestión do río por parte da Xunta, dirixido por un home que está a realizar funcións que non lle competen, pero a Administración o protexe. ¿Quen e o sr. Padín?. Agora a Asociación Profesional de axentes Forestais de Galicia denuncian agora esta situación pese as posibles represalias e caza de bruxas que podan padecer.

- 07:12 09/05/2005
Tags:

En relación coa noticia aparecida o día 25 de marzo do 2005, desde Aprafoga, Asociación Profesional de Axentes Forestais de Galicia, queremos informar de certas peculiaridades na vixilancia do río Ulla. No cauce principal deste río só están presentes os vixilantes e impídese que os axentes forestais cumpran co seu cometido; isto é: vixilancia, custodia e protección dos recursos ambientais. Nesta asociación sabemos sobradamente do número de denuncias e das actividades e irregularidades alí desenvolvidas, e, polo tanto, queremos aclarar, tendo en conta a lexislación vixente, cales son as limitacións laborais deste colectivo de vixilantes, persoal laboral, grupo V.

A lei 30/92 de réxime xurídico das administracións públicas, artigo 137, da Presunción de inocencia, e no Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, artigo 17. Proba, especifican o seguinte: Os feitos constatados polos funcionarios públicos aos que se lles recoñece a condición de autoridade, e que se formalicen en documento público observando os requisitos legais pertinentes, terán valor probatorio sen prexuízo das probas que en defensa dos respectivos dereitos ou intereses poidan sinalar ou achegar os propios administrados.

Tamén na lei 30/1992, do 26 de novembro de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no Título II., Cap I. dos órganos das administracións públicas, art. 11. "creación de órganos administrativos", se recolle o seguinte:

1. Corresponde a cada Administración pública delimitar, no seu propio ámbito competencial, as unidades administrativas que configuran os órganos administrativos propios das especialidades derivadas da súa organización.

2. A creación de calquera órgano administrativo esixirá o cumprimento dos seguintes requisitos:
a) Determinación da súa forma de integración na Administración pública da que se trate e a súa dependencia xerárquica.
b) Delimitación das súas funcións e competencias.

3. Non se poderán crear novos órganos que supoñan duplicidade doutros xa existentes se ao mesmo tempo non se suprime ou restrinxe debidamente a competencia destes.

Entendemos, despois desta aclaración:

1º Os vixiantes non son un órgano administrativo
2º Que existe un claro caso de intrusismo laboral, usurpando funcións outorgadas polas leies ao colectivo da escala de axentes forestais e que as denuncias dos vixilantes non teñen valor probatorio nin gozan da presunción de veracidade.
3º Ademais descoñecen o proceso administrativo regulamentario en canto á afirmación de que se poden facer 365 denuncias ao ano por casos de vertidos, provocando deliberadamente unha alarma social desmesurada.

E para rematala, a Consellería de Medio Ambiente permite que unha persoa sen formación de ningún tipo e sen cargo algún exerza de coordinador de todos estes traballadores autodenominándose "ENCARGADO XERAL DA CONCA DO ULLA", posto que non existe con tal denominación en toda a administración autonómica. Jorge Padín Galván é en realidade un encargado de obras, persoal laboral do grupo III.

Polo tanto, desde Aprafoga denunciamos a invasión de competencias que se está a facer na conca do Ulla e sobre todo o caso de Jorge Padín, pois esta persoa nin é Axente Forestal, nin ten o carácter de axente da autoridade, situación permitida desde fai moito tempo pola Consellería de Medio Ambiente.


0/5 (0 votos)