Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Bos Aires

Edición xestionada por Débora Campos
RSS de Bos Aires
FESTIVAL SOLIDARIO

Os mozos da Federación de Sociedades Galegas organizan un Festigal

O vindeiro 23 de abril e o día escollido pola mocidade da Federación de Sociedades Galegas para levar a cabo o seu Festigal. Un festival solidario que se celebrará na sede da federación.

- 15:39 20/04/2005
Tags:

Este particular 'Festigal' celébrase a beneficio do Fogar Escola Pueblo Illia, na provincia de Misiones. Non haberá que pagar entrada para poder desfrutar do festival pero si haberá aque achegar un útil escolar.

No programa vaise contar coa actuación de Leo Forradas y Los Huesos, o Grupo Folclórico Los Tres (de folc das misións) e do Corpo de Gaitas da Federación e Asociacións Galegas. Ademais, durante toda a xornada recitaranse tamén poemas de Guillermo Somoza.


0/5 (0 votos)