Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
SEGURIDADE

Decálogo contra a fraude na e-banca

Reparar en que o enderezo que lemos na caixa da barra do navegador comeza por https e evitar realizar operacións dende computadores públicos son dúas das recomendacións básicas da Asociación de Internautas para os usuarios de servizos banqueiros a través de internet.

- 10:50 29/03/2005
Tags:

Nas últimas semanas disparáronse os intentos de calote internáutico a clientes de bancos e caixas a través do correo electrónico. Detectáronse especialmente mensaxes falsas a nome de CajaMadrid ou do BBVA que con formatos e deseños similares aos destas entidades pedíanlle contrasinais e outros datos aos receptores con ameazas do tipo ''bloquearémoslle a conta en 24 horas se non confirma os seus datos''.

O guieiro básico para evitar a fraude da Asociación:

1-Reparar en que o enderezo comeza con https
2-Comprobar que hai un candado amarelo na beira inferior dereita do navegador e que cando se pulsa dúas veces co punteiro sobre el aparece un certificado de autenticidade.
3-Evitar operar dende computadores públicos
4-Consultar os consellos de seguridade da web do banco
5-Ter o navegador o máis actualizado posíbel, pechar a sesión ao rematar e borrar a caché
6-Lembrar que un banco nunca pide unha clave a través dun correo electrónico
7-Non revelarlle a ninguén os contrasinais e gardalos sempre en lugar seguro
8-Usar chaves aleatorias e mudalas de xeito periódico
9-Gardar copia impresa de todas as operacións monetarias
10-Se non se usa moito o servizo, anotar a data na que se operou por última vez na web do banco


Ligazóns

0/5 (0 votos)