Eduardo Alonso, por "Ensaio"; Vicente Montoto, por "Pallasos", e José Luis Prieto, por "Fobias", eran os candidatos na categoría de "Mellor autor teatral en galego" na oitava edición dos Premios Max. Finalmente, na gala celebrada en Guadalaxara na noite do luns, foi Prieto o que se fixo co galardón. O autor xa gañara unha das "mazás" deseñadas por Joan Brossa na edición do 2003, daquela pola obra "Monólogo do Imbécil".