Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
OBSTÁCULOS PARA O ACCESO Á VIVENDA

Un mercado laboral que impide a emancipación de medio millón de mozos

Axudas ao alugueiro, hipoteca "xove", promoción pública de vivenda... centran as xornadas organizadas esta semana pola Xunta. Ao fío contámoslles dun conxunto de datos que non estarán na axenda deste foro: Galiza acumula, xunto con Asturias e Cantabria, a menor porcentaxe de mozos emancipados en todo o Estado.

- 10:13 07/03/2005
Tags:

Témoslles contado hai meses do seguemento da situación que trimestralmente realiza o Observatorio Xove da Vivenda, do Consello da Xuventude: un mozo galego precisa o 40% do seu salario para acceder a unha vivenda. Paradoxalmente, a cifra amosa un requerimento económico menor ao que teñen que afrontar os mozos doutras partes do Estado. Xa que logo, o Observatorio subliña a existencia doutros condicionantes para a mala situación galega: a baixa porcentaxe de ocupación entre os mozos (só un 57,7%) ou a reducida contratación indefinida (un 24,1%), son obstáculos fundamentais para que a mocidade galega, que sofre a terceira taxa de paro máis alta, poida deixar a casa dos pais.

Menos do 40% dos galegos de entre 30 e 34 anos asinou un contrato de traballo indefinido, e o 15% nese mesmo treito de idade está no paro. Ao tempo, só o 17,3% dos mozos desa idade conseguiron acceder a unha vivenda propia bo último trimestre estudiado. Por baixo dos trinta anos, todos os indicadores son aínda peores.


Ligazóns

5/5 (1 votos)