Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ATA O 7 DE MARZO

Fantasporto: 25 anos de cinema fantástico

O festival estrea este ano sección de curtametraxes sobre a propia cidade e unha sección de filmes de animación. Unha mostra de cinema indio e unha homenaxe ao actor Christopher Lee, unha escolma especial de filmes de terror xaponeses, de cinema fantástico oriental e do novo cinema alemán serán centro do programa 2005.

- 12:17 22/02/2005
Tags:

Á beira da sección oficial, que atende ao máis importante do xénero fantástico e de ciencia ficción, o festival da veciña cidade do Porto achega espazo para as novidades do cinema luso e para novos realizadores de todo o mundo.

A representación galega: a longametraxe A Promesa, de Héctor Carré, e un novo avance de O soño dunha noite de San Xoán. Á beira, o próximo venres abre os espazos musicais o folc galego de Milladoiro, tamén en celebración do 25 aniversario.

E antes do peche oficial, o próximo sábado 5 de marzo: o baile dos vampiros.


Ligazóns

0/5 (0 votos)