"As tendencias en pobreza e desigualdade nos ingresos non melloraron sustancialmente na última década", apunta o informe do FMI baixo o título Estabilización e reforma en América Latina: perspectiva macroeconómica da experencia dende comezos dos 90. A institución repara especialmente en que o fracaso das políticas neoliberais na redistribución da riqueza xerada polo crecemento económico e os recurtes no gasto social terían impedido que os cidadáns apoiasen as reformas. "Outra década perdida", para suramérica é a conclusión extraída do informe.