Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CAMPAÑA NA REDE

Amnistía pide "verdade, xustiza e reparación" para as vítimas da violencia en Colombia

"O Estado colombiano debe asegurar que os autores de crimes de lesa humanidade e crimes de guerra, entre eles a violación de mulleres e nenas, sexan levados fronte á xustiza e garantir que non se volverán producir". Cando menos 70 mil personas perderon a vida, a maioría civís e máis de tres millóns de persoas foron desprazadas dos seus fogares en Colombia nos últimos vinte anos. Fronte á próxima visita do presidente colombiano, Amnistía Internacional lanza unha campaña que inclúe o envío de cartas ao presidente do goberno español para que presione a prol do cumprimento das resolucións de Nacións Unidas en Colombia.

- 08:06 08/02/2005
Tags:

Só dende o ano 2000, máis de dez mil persoas foron secuestradas, a metade pola guerrilla ou os paramilitares, denuncia Amnistía, e dous milleiros desapareceron en accións responsabilidade dos paramilitares, que a miudo, segundo advirten os colectivos humanitarios, "actúan en connivencia coas forzas de seguridade".

Durante o 2004 máis de 200 mil persoas tiveron que fuxir dos seus fogares e as forzas de seguridade colombianas detiveron "de xeito arbitrario" a centos de civís. Amnistía denuncia "a impunidade da que gozan os responsábeis de violacións e abusos contra os dereitos humanos" en Colombia. Amnistía denuncia especialmente a violencia sexual contra mulleres e nenas que "forma parte integrante dos 40 anos de conflito armado de Colombia" e advirte das probas e testemuñas que neste tempo ten presentado para avalar "que é unha práctica xeneralizada".


Ligazóns

0/5 (0 votos)