Sun Microsystems anunciou que vai facer público o código fonte do seu sistema operativo Solaris (baseado en Unix) para que programadores de todo o mundo o poidan modificar e desenvolver ao seu antollo. Con esta operación, Sun dá un novo paso na súa loita contra Microsoft, logo de mercar o StarOffice (rival do Office 2000 da empresa de Gates) e ofrecelo de balde dende a súa web. Pero tamén tenta darlle un golpe a Linux, un sistema operativo que cada vez ten máis adeptos.
.