Os veciños censados en Santiago, Vilagarcía de Arousa, Monforte e Carballiño poderán pasar polas correspondentes oficinas do concello para recolleren os seus "certificados dixitais", que lles permitirán votar "electronicamente" no referendo sobre a Constitución Europea, entre os días 1 e 18 de febreiro. A experiencia non terá validez xurídica, pero agárdase que sirva para desenvolver o futuro e-voto. Ao respecto, falamos con Luis Panizo, un dos responsábeis do Observatorio do Voto Electrónico, quen subliñou para Vieiros as posibilidades que as novas tecnoloxías ofrecen para a relación continua das administracións cos cidadáns. Contámoslles no especial de Vieiros.