Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
INICIO DOS FOROS

Porto Alegre vs. Davos, entre o mundo real e o posíbel

"Um outro mundo é posíbel" será lema fundamental para o Foro Social Mundial que dende este mércores e ata o próximo luns volve a Porto Alegre, a cidade que lle deu orixe. Entre 100 e 200 milleiros de persoas se agarda que participen dos seminarios, debates e outras actividades convocadas. "Loitas sociais e alternativas democráticas", "Construcción dunha nova orde democrática internacional" ou "Economías soberanas" estarán entre a ducia de eixos temáticos arredor dos que se dialogue. Por outra banda, en Davos comeza o Foro Económico Mundial, co lema "Asumindo a responsabilidade en decisións difíciles" e informes na mesa que confirman o incumprimento das promesas sobre desenvolvemento de xuntanzas anteriores.

  • Beiras compara o posíbel cambio político en Galiza co que propiciou Lula en Brasil
    Anteriores:
  • O pluralismo e as alternativas informativas diante do pensamento único
  • Visión xeral das migracións: discriminados, mais necesarios

  • - 12:49 26/01/2005
    Tags:


    0/5 (0 votos)