A Facultade de Bioloxía de Santiago colle o día 19 de novembro a presentación do proxecto BioANCES, que ten por obxectivo formar, asesorar e apoiar aos universitarios que queiran converterse en emprendedores biotecnolóxicos. O proxecto diríxese ademais aos investigadores, profesionais, profesores universitarios e doutorandos vencellados coas Ciencias da Vida.
O proxecto BioANCES impúlsaNo a Asociación Nacional de CEEIs Española (ANCES) e Genoma España, da que forma parte BIC Galicia. O financiamento chega da man do programa PROFIT do Ministerio de Industria e o obxectivo fundamental é formar, asesorar e apoiar os emprendedores biotecnolóxicos.
BioANCES articúlase arredor dunha plataforma telemática de encontro de emprendedores, consultores e especialistas e diríxese a investigadores, profesionais, profesores universitarios, doutorandos e estudantes de Ciencias da Vida.