O portavoz do BNG na Deputación de Lugo, Fernando Blanco, acusou a Deputación de Lugo de 'reducir e desprezar' o uso do galego nesta institución. Blanco fixo estas declaracións depois de que o Valedor do Pobo lle recomendase á institución provincial empregar o galego na súa web.
Fernando Blanco lembrou que o seu grupo xa presentou diferentes mocións a favor dun maior uso do galego, acusou a Deputación de consumar unha 'campaña belixerante' contra o uso deste idioma e insistiu en que no caso da institución presidida por Cacharro non se cumpren os 'mínimos' que a Lei de Normalización Lingüística estabelece.