Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
"POR UNHA MOBILIDADE SUSTENTÁBEL"

O tren de proximidade é "ferramenta fundamental" para as áreas metropolitanas galegas

A aposta pola creación "dun verdadeiro ferrocarril de proximidade nas grandes áreas metropolitanas galegas" foi conclusión prioritaria da xornada organizada pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza onde se debateu sobre os problemas do transporte actual e as solucións posíbeis dende unha óptica sustentábel. No resto do Estado existen áreas metropolitanas máis pequenas cás galegas ás que se lles forneceu de ferrocarrís de proximidade.

- 11:20 29/10/2004
Tags:

"Os eixos Santander-Torrelavega-Reinosa (450.000 habitantes) e Murcia-Lorca-Águilas (300.000 habitantes) reciben por parte de RENFE este servizo mentres en Galiza considérase rexional". O dato achegouno durante a xuntanza o profesor Pazos Otón, do Departamento de Xeografía da USC no seu relatorio Diversificación da oferta de transporte nas áreas metropolitanas galegas mediante a posíbel creación de servizos de proximidades ferroviarias, onde criticou que outras áreas estatais teñan estes servizos ferroviarios coa metade de poboación cós galegos.

A concentración de poboación ao longo da vertente atlántica galega (onde vive o 70% da cidadanía nun 15% do territorio) e a existencia de feito de dous grandes contínuums urbanísticos como son os eixos A Coruña-Ferrol e Pontevedra-Vigo, cunha poboación de arredor de 600.000 habitantes cada un, crearían na nosa comundiade as condicións ideais para o seu establecemento.

Outros asuntos destacados do debate: a fuxida da poboación das cidades cara a urbanizacións nas periferias e o deslexo administrativo no control urbanístico coma cerne do caos de tráfico actual; a viabilidade da bicicleta como modo de transporte urbano e interurbano; a necesidade de mudar a obsesión por infraestructuras de "transporte" cara ás denominadas "infraestruturas sociais", que está demostrado que promoven un desenvolvemento económico maior e máis rápido; a posibilidade de establecer taxas por km. para o transporte pesado ou peaxes para o acceso ás grandes cidades.


0/5 (0 votos)